O Pleno de Brión aproba propostas de apoio ao comercio local

0

Brión, 21 de decembro do 2020 – O Pleno Municipal de Brión aprobou unha batería de seis propostas de apoio ao comercio local presentadas polo Bloque Nacionalista Galego.

O BNG de Brión explica que, desde o seu punto de vista, as administracións teñen a obriga de “colaborar, promover e poñer en valor o comercio local” e iso “non se debe concretar tan só en cheques axuda ou en subvencións xa que moitas veces axudan a subsistir, pero non achegan solucións”.

Os nacionalistas explican que as propostas teñen que protexer ao mediano e pequeno comercio, freando as liberalizacións horarias e reducindo as constantes campañas de rebaixas que “penalizan, unha vez máis, o comercio de proximidade”.

Tito Souto e Xosé Penas, concelleiros do BNG de Brión, no concello “non houbo unha aposta clara e definida» polo comercio local. Botamos de menos, e moito máis neste ano, unha campaña planificada e orientada a promover e potenciar un comercio en Brión que nos últimos ano está a desaparecer».

Propostas

O Bloque brionés propón a creación dunha plataforma dixital de apoio comercial, xestionada desde o Concello; unha campaña urxente de comunicación e publicidade como apoio ao comercio de proximidade; estudar sinerxías de colaboración entre o tecido económico de todo o Concello; a emisión de bonos para uso no comercio local, só para o pequeno comercio; aproveitar o coworking da Deputación como elemento potenciador da economía e estudar posibles vantaxes fiscais ás actividades comerciais de nova creación e situación en Brión.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial