O pleno de Negreira aproba uns orzamentos que superan os cinco millóns de euros

0

Negreira, 11 de maio do 2022 – Negreira celebrou o pleno ordinario de maio no que aprobou os orzamentos, para o ano en curso, que superan os cinco millóns de euros.

, María del Mar García Vidal, primeira tenente de alcalde, presidiu a sesión ao ausentarse o alcalde, Manuel Ángel Leis, por un problema de saúde. O orzamento crece un 3,7% con respecto ao ano anterior.

A partida de persoal é a máis cuantiosa chegando aos 2,6 millóns, mentres que os bens correntes e servizos representan 1.830.200 euros. O orzamento foi aprobado cos seis votos a favor do equipo de goberno do Partido Socialista, e os cinco votos en contra, do grupo municipal do Partido Popular

Obras e caudales

O Pleno ordinario de maio aprobou por unanimidade, un total de catro ratificacións sobre modificacións técnicas a proxectos recollidos no Plan de Obras e Servizos POS+2022.

Trátanse dp aAglomerado de vía entre a DP 5603 en Vilaserío e a DP 5604 en Pesadoira; humanización do entorno da igrexa de San Martiño de Liñaio; pavimentación e recollida de pluviais nas rúas Campos e Xulián Magariños; aglomerado de vía entre A Chancela e a AC 447 na Barquiña, e maila reurbanización do camiño de Cancelo a Cobas.

Doutra banda, deuse luz verde ao proxecto de segregación de parcela onde se atopa o Centro de Saúde, na zona do Coto. O Partido Popular expresou o seu voto en contra por «dúbidas», entendendo que debería segregarse tamén a parcela onde se atopa o aparcadoiro aledaño ó centro sanitario. María del Mar García convidounos a despexar tales dúbidas na consulta cos técnicos municipais.

Por unanimidade, acordouse a cesión de caudal procedente de dous mananciais en Fonte Silvar, na parroquia de Cobas, a favor da Comunidade de Usuarios Agua de Fonte Silvar, e no punto 9º da orde do día, a solicitude de financiación á Deputación da Coruña para a execución da obra de saneamento e humanización da rúa Rosalía de Castro. O Partido Popular interesouse pola posibilidade de que o proxecto leve consigo, unha proposta para a adopción dun sentido único da circulación de vehículos, debido a que é unha zona escolar.

Rogos e preguntas

No apartado de rogos, os populares solicitaron ao equipo de goberno que se acometan con urxencia, melloras no paso de peóns da rúa Fonte do Carme, escenario recentemente dun atropelo cunha veciña ferida, así como que na vindeira Semana Santa haxa unha proposta de actividades de conciliación para as familias.

Mocións

En canto ás mocións, presentouse unha única polo PP para que se faga unha actuación de mellora da contorna da igrexa parroquial de San Xulián, sobre todo, recalcaron, nos seus accesos e á vista da complexidade e falta de aparcamento cando se celebran actos relixiosos ou festivos. A proposta foi aprobada por unanimidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies