O Pleno de Ordes aproba o uso de 2 millóns de euros dos remanetes (audio)

0

Ordes, 30 de abril do 2021 – O concello de Ordes aprobou o uso de parte dos remanentes de tesourería nun pleno marcado polo consenso e a tranquilidade.

A sesión aprobou ademais unha moción do BNG sobre as concentracións parcelarias e unha bonificación de licenza urbanística a unha explotación agraria.

Imaxe de arquivo dun pleno municipal de Ordes

Unidade de saúde mental

No apartado de informes de alcaldía o rexedor destacou a apertura dunha nidade de saúde mental no centro médico de Ordes. Dará servizo ademais a Frades, Mesía e Tordoia desde a vindeira semana. Cinco profesionais que traballaran en horario de tarde tal como o explicaba o alcalde José Luís Martínez

Utilización de remanentes

O concello de Ordes dispón, sumado o superavit do ano 2020 e o líquido de tesourería de cinco millóns de euros. De esta cantidade destinaranse dous millóns a obras e axudas a negocios. A continuación un resumo da intervención do alcalde na introdución da proposta

O punto foi aprobado por unanimidade. O Psoe mostrou a súa intención de absterse pero, dado que BNG e Uxo votaron a favor e que o alcalde pediulle que se unira ao resto da corporación, acabou votando a favor. Toda a oposición quixo deixar claro que era un voto favorable pero crítico.

Concentracións parcelarias

O BNG levou a pleno unha proposta para demandar o remate das concentracións parcelarias no concello. Trátase dos procedementos de Bean – Pereira, Mercurín – Lesta II, Parada, San Paio de Buscás, Santa Cruz de Montaos e Vilamaior – Barbeiros, que afectan a nove das trece parroquias do concello.

Os nacionalistas aceptaron unha enmenda do grupo de goberno sobre unha pequena cuestión técnica, sobre as denominacións dos lugares es as posibilidades de cultivo, o que permitiu que se aprobara por unanimidade.  

Si che gustou esta nova podes invitarnos a un café https://www.buymeacoffee.com/lindeiros

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial