O programa Apego de Ames presenta as actividades para os vindeiros meses

0

Ames, 2 de setembro do 2021 – O concello de Ames ven de presentar a programación do programa Apego para este cuadrimestre que comezou onte día 1 e rematará o 17 de decembro.

Contos, música, teatro, xogos, encontros científicos e festivais de cine e de maxia compoñen o Apego de estes meses. 15 actividades que comezaron este mércores, e continúan hoxe, coas Brincadeiras Miúdas. Dúas xornadas de xogos, baile e cantos ao aire libre.

Podes consultar o programa completo premendo nesta ligazón

O programa coordínase dese as concellarías de Cultura e Normalización Lingüística. Durante estes meses, as familias poderán participar nunha ampla e variada oferta lúdica para todas as idades que lles achegue recursos para unha crianza positiva e creativa. Nesta programación teñen un papel predominante as actividades vinculadas co medio natural e coa ciencia.

En setembro presentarase a primeira ruta Apego de Ames, un tramo autoguiado da ruta das Ribeiras do Tambre situado na parroquia de Lens, con elementos informativos, de xogo e de descanso accesibles ás crianzas e que pretenden estimular o coñecemento e o amor polo noso patrimonio ambiental, cultural e lingüístico.

Cé Orquestra Pantasma,  Eme2 Teatro, EducaTeatro, Teatro Avento, Migallas, Raquel Queizás, Celso Fernández Sanmartín, Marta Ortiz, Pakolas e Anxo Moure conducirannos por aventuras cargadas de contos, xogos, música e teatro ao longo dos vindeiros meses.

En outubro volverá ao Apego o xa clásico Festival de Maxia do Concello de Ames, que encherá de fantasía os auditorios de Bertamiráns e do Milladoiro.

A ciencia será unha das protagonista do mes de novembro con encontros-charlas con dous dos divulgadores científicos máis prestixiosos do país, Angel Carracedo e Xurxo Mariño.

O cine tamén terá un papel central nese penúltimo mes do ano, pois será o momento do  III Festival Internacional de Cine Infantil.

E para abrir o Nadal, o Apalpador volverá a Ames  cargado de contos, cantos e agasallos máxicos para todas as crianzas.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial