O representante palestino para Europa, Fayez Badawi, dará tres conferencias na bisbarra

0

Bisbarra, 9 de xuño do 2021 – O colectivo Mar de Lumes organiza distintas conferencias en Galicia do representante palestino Fayez Badawi, dúas delas en Lalín e Santiago.

Fayez Badawi é Portavoz para Europa da Fronte Popular para a Liberación de Palestina no ámbito hispano. Estará en Galicia do 8 ao 15 de xuño para participar en diversos actos onde poderá achegar de primeira man cal é a situación actual en Palestina tras as últimas agresións do estado de Israel.

Fayez Badawi naceu en Haifa, no ano 1955, e viviu nos campamentos de refuxiados palestinos, onde participou activamente na resistencia desde adolescente. Integrouse na FPLP e desde os anos 80 vive no estado español ao ter que fuxir da represión e actualmente é portavoz para Europa da súa organización.

Nas xornadas Mar de Lumes preténde achegar a realidade palestina desde a perspectiva dun dos seus protagonistas, que a pesar de estar exiliado, mantén a ligazón directa coa causa do seu pobo.

Os actos previstos son os seguintes:

Día 8, ás 20h, Cangas: No local da Agraria.

Día 9, ás 20h, Vigo: No Café de Catro a Catro.

Día 10, ás 20h, Ferrol: Na Fundaçom Artábria.

Día 11, ás 20h, A Estrada: Na praza da Feira.

Día 12, ás 17h, Lalín: No Casino.

Día 14, ás 20h, Santiago: Na Gentalha do Pichel.

Día 15, ás 20h, Monforte: No centro Cívico do Malecón

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial