O Secretario Xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visita a Asociación Palmira Bulebar do Milladoiro

0

Ames, 29 de outubro do 2020 – O Secretario Xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a Asociación Palmira Bulebar do Milladoiro que ofrece condiciones especiais de negocio aos emigrantes retornados.

O presidente da asociación, José Manuel Fernández Gómez, explicou a Rodríguez Miranda que se trata de tres locais que foron reformados e preparados para que as e os interesados poidan poñer en marcha de maneira inmediata o seu negocio. Un deles, mesmo, xa conta cunha liña de explotación concreta como  vinoteca e degustación de queixos e conservas.

O secretario  xeral destacou a importancia de que asociacións de empresarios como a de Milladoiro sirvan de referencia e acollemento a emprendedoras e emprendedores galegos que desexen iniciar unha nova vida en Galicia. “Estar apoiados e acompañados é moi importante, en especial, en ámbitos como o administrativo ou a través da  minimización de gastos”, engadiu Antonio Rodríguez Miranda.

As persoas interesadas terán que presentar un plan de traballo para garantir que o seu proxecto conta con viabilidade e estabilidade e tamén deben ter unha estratexia de dinamización e competencias no campo dixital. Para máis información poden dirixirse á dirección electrónica: asociacionpalmirabulebar@gmail.com.

Final do prazo das Axudas ao retornado emprendedor

O secretario  xeral lembrou neste sentido que continúa aberta, ata o próximo 30 deste mes, a convocatoria da liña de Axudas ao retornado emprendedor, un programa deseñado co obxectivo de colaborar cos galegos e galegas do exterior que regresan á comunidade para poñer en marcha un negocio propio.

“Iniciativas como a que presenta a Asociación de Empresarios de Milladoiro son moi atractivas para este tipo de emprendedor que quere iniciar unha nova aventura empresarial en Galicia e que ve, no apoio deste tipo de entidades, un importante puntal para poñer en marcha o seu propio negocio e volver empezar”, engadiu Rodríguez Miranda.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial