O tren ofrece novas vías para a promoción do turismo en Compostela

0

Compostela, 21 de xaneiro do 2022 – A Feira Internacional de Turismo, FITUR, acolleu a sinatura dun convenio entre Renfe, Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela para promocionar o turismo da cidade.

O presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez; o alcalde e presidente do Consello de Administración de INCOLSA-Turismo de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o director de Área de Negocio de Alta Velocidade de Renfe, Francisco Arteaga, foron os asinantes do acordo que busca promocionar as viaxes en tren á cidade.

O obxectivo é realizar diversas accións de márketing e comercialización para desenvolver o marco de colaboración conxunta para potenciar o posicionamento tanto de Santiago, como destino turístico, como de Renfe Viaxeiros, como operadora de servizos de ferrocarril, e ao mesmo tempo fomentar as viaxes en tren á cidade desde os principais mercados turísticos.

Renfe ofrecerá a todos os asistentes e expositores de todas as actividades levadas a cabo para a promoción do turismo de congresos, convencións e calquera outros eventos en xeral que se celebren ou organicen en Santiago de Compostela (previa presentación nos seus puntos de venda autorizados da “Autorización de Desconto” ou en www.renfe.com) un billete nos trens, cun 5% de desconto sobre a tarifa aberta ao público no momento da compra, en calquera das opcións dispoñibles (Básico, Elixe e Elixe Confort), e a posibilidade de ampliar o devandito desconto ao 10% en datas de tempada baixa.

As condicións pactadas no presente acordo, que estará en vigor ata o 31 de decembro do 2022, serán para os trens Ave e Longa Distancia. Esta oferta é válida para congresos ou eventos que reúnan a máis de 75 persoas que utilicen o tren nos seus desprazamentos. Renfe ademais, aplicará unha redución non inferior ao 10% sobre o prezo de referencia no importe dos seus billetes, a todo viaxeiro que contrate a través da empresa ou empresas de receptivo designadas por Incolsa-Turismo de Santiago e a Asociación de Hostalería de Compostela das súas escapadas temáticas ou de turismo MICE (Meetings, Incentivos,

Convencións, Eventos e Congresos). Incolsa–Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela ou calquera institución que organice un congreso ou evento nas instalacións de Santiago (Organizadores Profesionais de Congresos, Axencias de organización de eventos corporativos, Axencias de Viaxe…) poderán ofrecer aos asistentes e expositores estes descontos especiais nos billetes de Renfe.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies