O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia decidirá sobre as restricións impostas á hostalería en Galicia

0

Bisbarra, 19 de outubro do 2020 – O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestima o recurso presentado pola Xunta de Galicia e decidirá sobre a restricións impostas á hostalería.

Ante a demanda presentada polas Asociacións de Hostalería, co fin de eliminar o decreto de restricións, a Xunta de Galicia legou que tiña que ser a Audiencia Nacional a que xulgara o caso. Agora o TSXG desetima a petición aducindo que se trata dunha norma autonómica que non afecta ao resto do estado.

A resolución do tribunal obriga ademais á Xunta de Galicia ao pago das costas e recoñece de xeito implícito que as competencias en esta materia son do goberno autonómico.

Sobre o recurso

A Asociación Hostalaría Compostela reclama no recurso contencioso-administrativo presentado no TSXG a suspensión inmediata das restricións de ocupación máxima de dez persoas por mesa ou agrupacións de mesa; a redución horaria para todos os establecementos de hostalaría á unha dá madrugada e o peche dos locais de lecer nocturno (bares de copas, pubs, cafés-espectáculos, salas de festas e discotecas).

A demanda baséase en catro puntos principais, o carácter xeral e intemporal da norma; a vulneración dúas dereitos adquiridos polos hostaleiros contidos nas súas correspondentes licenzas municipais, a desproporcionalidade da norma e a desescalada asimétrica do Estado de Alarma.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial