O vertido na auga do Tambre en vías de resolverse

0

Bisbarra, 14 de setembro do 2021 – O vertido de purins en Trazo que contaminou o abastecemento de auga en Compostela, Ames e Brión abre un pequeno debate na capital mentres se traballa para resolvelo.

Todos os grupos piden transparencia en este tema e que se esclarezan os motivos do vertido na auga do Tambre. O Deputado do PP, e presidente da xestoral local, Borja Verea cuestionou a capacidade de reacción do equipo de goberno en este tema “quizais a cuestión máis preocupante é que se o venres se pecha a pranta e o sábado xa hai restricións a pregunta que nos facemos é se Santiago non ten nin 24 horas de reserva de auga potable, se é así a preocupación multiplícase”.

Depóstios de auga en Ames

O alcalde recoñeceu en rolda de prensa que con un consumo moderado a reserva dos tres depósitos da cidade é de 48 horas e cun consumo normal pode que 24. O certo é que esta é a situación desde hai anos.

Pola súa banda Compostela Aberta quere ter toda a documentación sobre o sucedido. O grupo municipal de CA quere saber cando tiveron coñecemento da situación tanto Augas de Galicia como o Goberno local e Viaqua, a empresa concesionaria da auga, e que pasos se deron para evitar os maiores prexuízos á cidadanía.

Reunión na Xunta

Na tarde de este luns reuníanse  a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, cos alcaldes de Ames, Blas García, Brión, Pablo Lago, e Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para informar da situación.

No encontro, a Xunta de Galicia informou dos traballos que está a realizar desde o primeiro momento na zona de orixe do vertido, unha granxa situada na parroquia de Santa María de Trazo, con medidas de vixilancia e contención.

No punto do vertido estase a frear o xurro mediante gabias de contención de 150 metros lineais con alpacas de gran tamaño e con sepiolita, que absorben o material contaminante e evitan as infiltracións.

Ademais, nas marxes do regato de Portaferreiros, o afluente do río Tambre afectado polo vertido, habilitáronse balsas de retención que se drenan para retirar a continuación o material sólido.

Máis de 15 persoas de Augas de Galicia traballan con apoio de retroexcavadoras sobre o terreo, onde tamén está mobilizado persoal do Concello de Trazo.

O alcalde de Santiago avanzaba ao remate da reunión que nun período de 48 horas podería estar todo solucionado.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial