O voluntariado segue forte en Vedra

0

Vedra, 21 de setembro do 2020 – O concello de Vedra pon en marcha un ano máis o programa de voluntariado xuvenil Val do Ulla ao que incorpora o sénior A Maiores 2020.

A experiencia dos máis xoves

Foi nos anos 90 cando os concellos de Vedra e Boqueixón puxeron en marcha unha serie de programas ao amparo da Mancomunidade Val do Ulla. Recollida de residuos, obradoiros de emprego, colaboracións en servizos sociais ou dinamización xuvenil foron proxectos que cristalizaron no ano 2014 nun programa estable de voluntariado xuvenil que contaba de saída cunha ampla experiencia previa.

O programa busca a promoción da cultura da solidariedade e o fomento da colaboraciónee  o civismo entre os voluntarios. Unha iniciativa que favorece ademais o desenvolvemento socio comunitario das familias no ámbito dos concellos.

O voluntariado segue forte en VedraNa actualidade participan en este programa anual xoves de Vedra e Boqueixón, con idades comprendidas entre os 16 e 25 anos. Os participantes contan con formación, seguro de accidentes e de R.C. e teñen cubertos os gastos de desprazamento e manutención. Ao remate do programa reciben ademais un certificado de formación non formal que poder incluír no curriculum.

Maiores con experiencia

A Maiores 2020 é unha nova iniciativa que nace desde o departamento de Asuntos Sociais de Vedra. Busca a implicación do voluntariado na realidade social das persoas maiores e das súas  familias e o desenvolvemento de actividades de apoio a este colectivo.

O acompañamento dos maiores, a socialización dun colectivo que chega en ocasións a estar en risco de exclusión, ou accións para que ocupen o seu lecer e tempo libre con actividades de estimulación cognitiva e física son algunhas das accións de este voluntariado.

Neste programa están a participar 8 voluntarias cuxas accións están repercutindo de xeito positivo e incrementado a calidade de vida dos maiores participantes. O programa conta cunha axuda da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

Máis información

Ambos os dos programas son anuais e teñen na actualidade todas as prazas cubertas. Os interesados en participar como voluntarios en vindeiras convocatorias ou precisan de máis información poden chamar ao 981814695 ou envíar un correo electrónico a voluntariado@concellodevedra.com .

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial