O xulgado rexeita a petición de Toysal de que declaren por prevaricación Uxía Lemus e Ignacio Soto, arquitecto municipal

0

Teo, 19 de novembro do 2021 – O Xulgado de Instrución número 1 de Santiago denegou as peticións de Toysal para que declararan Uxía Lemus, ex primeira tenente de alcalde, e Ignacio Soto, arquitecto municipal.

A sentencia é un capítulo máis do proceso iniciado por Toysal, propietaria da canteira da Casalonga, ao acusar de prevaricación aos mencionados cargos do concello de Teo.

O pasado día 15 Toysal solicitaba novas dilixencias. Pedía con distintos argumentos que foran chamados a tenente de alcalde e arquitecto. As acusacións de prevaricación foran xa sobreseidas no mes de xaneiro.

Tras practicarse novas dilixencias por unha petición de Toysal no mes de marzo, o 8 de novembro se comunica ás partes si consideran que é preciso algunha instrución máis. Toysal pediu de novo que acudiran aos xulgados a declarar.

Agora o xulgado considera que no hai lugar para esa petición. O escrito volve a insistir en que o “cerne” da causa é a titularidade da pista, cuestión sobre a que ambas as dúas partes teñen distintos argumentos. O feito de que o concello aporte a súa documentación sostén o feito de que non se dou prevaricación.

O resumo, salvo novas sorpresas, é que hai argumentos para considerar a pista pública e que si alguén considera que non é así deberá ir ao xulgado para resolver esa cuestión en concreto. A expropiación lavada a cabo desde a Xunta, e o recurso que o concello presenta no xulgado en contra de esa decisión, pode que acabe `por delimitar a cuestión.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial