Obradoiro de emprego en novas tecnoloxías dos concellos de Teo, Boqueixón e Vedra

0

Bisbarra, 25 de xuño do 2021 – Teo ven de acadar unha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade para a organización dun obradoiro de emprego en novas tecnoloxías.

O proximo 18 de xullo comezará este obradoiro de emprego que terá 16 participantes. Trátase dun curso de garantía xuvenil baixo a denominación de “EMPRÉGATEAPP”.

O Concello de Teo é o promotor do Proxecto e conta, para o seu desenvolvemento e execución, coa colaboración dos concellos de Boqueixón e de Vedra. O territorio destas tres entidades constitúe o ámbito de actuación do proxecto.

O obxectivo deste Obradoiro de Emprego é a creación de aplicacións para dispositivos móbiles, orientadas tanto á promoción turística das zonas de actuación como á información e comunicación dirixida ás persoas usuarias.

Este Programa de emprego está dirixido a persoas mozas, maiores de 16 anos e menores de 30, incluídas no ficheiro do  Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

As persoas candidatas deberán ademais estar inscritas como demandantes de emprego na Oficina Pública de Emprego de Galicia nalgún dos seguintes servizos:

320 Escola taller programa.

330 Casa de Oficio.

340 Taller de emprego.

370 Outros programas de emprego formación dual.

As persoas interesadas deberán cumplir os requisitos antes do mércores 30 de xuño de 2021, data na que, previsiblemente, se solicitará a sondaxe do alumnado – traballador  á oficina de Emprego Santiago Norte dende o Concello.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial