Premio da ONU para un espectáculo galego sobre os impactos da minaría

0

Bisbarra, 23 de decembro do 2020 – A Universidade da ONU volveu a escoller un proxecto galego sobre o impacto da minaría para outorgarlle o galardón  “Proxecto Insignia Extraordinario” (Outstanding Flagship Project).

Na oitava edición de estes premios para proxectos innovadores de educación para o desenvolvemento sustentábel a ONU decidiu elixir a un espectáculo de monicreques baseado no libro infantil “A mina contamina”. Xa o ano pasado este libro xunto co documental “San Finx 1960”, e dúas unidades didácticas asociadas que explicaban os impactos da minaría de xeito comprensíbel para todos os públicos, acadaban este premio.

Ambas as dñuas iniciativas partiron do  Centro de Saberes para a Sustentabilidade  que decidiu producir e tornar público o vídeo do espectáculo a raíz da situación causada pola COVID, que imposibilitou a xira dos monicreques polo país que estaba a ser preparada.

 

 Deste modo, ofrécese de balde xunto co libro infantil, unidades didácticas e documentario para que familias, centros e colectivos de todo tipo poidan utilizalos para entender mellor as consecuencias ambientais e sociais da minaría, en particular a contaminación por metais pesados.

Este ano, a iniciativa galega foi un dos 9 proxectos de todo o mundo que alcanzaron a máxima categoría de “Proxecto Insignia Extraordinario”, reservado para as propostas máis innovadoras e mellor fundamentadas desde o punto de vista pedagóxico e científico. “A mina cotamina” xa despertou interese noutros lugares do mundo, con iniciativas e solicitudes para traducir os materiais para o inglés, castelán e serbo-bosnio-croata.

Participaron na elaboración deste proxecto do Centro de Saberes para a Sustentabilidade a Fundação Montescola, a produtora cultural Axóuxere, o grupo Barahúnda e a Asociación Bubela de Abuín, contando ademais coa colaboración do Concello de Rianxo, a Rede ContraMINAcción, a Guerilla Foundation e a Plataforma PLADEMAR.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial