Oposición á ampliación da subestación eléctrica de Padrón

0

Padrón, 5 de xullo do 2021 – O BNG de Padrón solicita un Pleno Extraordinario para tratar a autorización concedida desde a Xunta para a ampliación da potencia da subestación eléctrica.

Os nacionalistas explican que as alegacións presentadas no seu día polo concello “contra a blindaxe da subestación son hoxe máis válidas que nunca e comprometen ao concello a posicionarse contra a ampliación”.

A preocupación entre a veciñanza foi en aumento ante a posibilidade do aumento da potencia. O BNG recorda que desde a anterior actuación na subestación de padrón, unha familia que vive nas inmediacións vese afectada no seu benestar e saúde.

Segundo explica a concelleira do BNG, Bea Rei, a oposición da veciñanza é clara “a opinión unánime de todos é que hai que dar solución aos problemas que o ruído e as vibracións están a provocar na saúde da veciñanza, e traballar para trasladar a subestación lonxe do núcleo, xa que tanto a subestación como as numerosas liñas de alta tensión que centraliza esta, son un verdadeiro perigo para a saúde dos veciños que viven tanto próximos á subestación como das liñas que dela parten e un obstáculo para o desenvolvemento urbanístico de Padrón”.

Bea Rei explicou aos veciños que a Xunta concedeu a autorización administrativa para ampliación da potencia da subestación de Padrón por resolución de 21 xaneiro. Recorda Rei, que a subestación xa foi obxecto dunha actuación, supostamente para renovación e “blindaxe” dos equipos en 2015.

Esta actuación de 2015 foi obxecto de alegacións por parte do BNG e do propio Concello, que logo concedeulle a licenza de obra. Bea Rei fixo fincapé en que si “as alegacións eran pertinentes en 2015, agora cobran moito máis sentido e comprometen ao concello a posicionarse contra esta ampliación”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial