Oposición a que se privatice a recollida de lixo na Estrada

0

A Estrada, 22 de setembro do 2021 – A intención de privatizar, no 2022, a recollida de lixo no concello da Estrada motivou a oposición frontal do Bloque Nacionalista Galego.

Os nacionalistas consideran que a curto prazo a privatización da recollida de lixo suporá un peor servizo e un incremento do recibo.

Imaxe de arquivo

A voceira do BNG, Susana Camba, explica que “a privatización demostra que o goberno municipal do PP non é capaz de xestionar un servizo público; e se non é capaz, o lóxico é que tampouco cobre os soldos que cobra todos os meses, a empezar polo alcalde.

Un dos argumentos esgrimidos desde o equipo de goberno é a falta de persoal, algo cualificado desde o BNG como absurdo  “Non se pode afirmar que non tiñan persoal dedicado á recollida e quedarse tan frescos, xa que se o concello non ten un cadro de persoal específico para este servizo é porque o goberno municipal do PP non quere”.

Camba engade que temen que a privatización sexa “un feito consumado”. Explica que “a xestión do punto limpo xa a leva GESECO desde hai meses, e xa non se estrañaría ninguén que o concurso da recollida do lixo acabara en mans desta empresa”.

Renovación dos equipos

“Por outra parte”, explica a concelleira do BNG, Susana Camba, “non se entende que o concello, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, renovaran contedores e a flota de camións, con cargo ao erario público, para que agora rematen en mans privadas”. “Isto é un roubo a todos os veciños e veciñas da Estrada”, afirma, “por moito que diga o alcalde que iría en descargo do abono do concello á empresa adxudicataria”.

A concelleira nacionalista reitera a incapacidade do goberno municipal, “de feito, a privatización demostra que o goberno municipal do PP non é capaz de xestionar un servizo público; e se non é capaz, o lóxico é que tampouco cobre os soldos que cobra todos os meses, a empezar polo alcalde.”

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial