Ordes e Padrón, nas enmendas aos orzamentos do estado

0

Bisbarra, 15 de novembro do 2021 – A negociación dos orzamentos do estado contará con dúas enmendas sobre a N-550 en Padrón e a glorieta sur de Ordes, en esa mesma estrada.

As demandas sobre a N-550 evidencia a necesidade de arranxos en esta vía. O BNG reclama a mellora en Padrón mentres que o Partido Popular, que goberna alí, os reclama para Ordes.

Nestor Rego, o primeiro pola esquerda, na N-550 ao seu paso por Padrón

O parlamentario nacionalista Nestor Rego rexistrou enmendas por importe de seis millóns de euros. o obxectivo prioritario é mellorar a seguranza viaria en Padrón, a humanización do paso da N-550 polo municipio, e a posta en valor de edificios como a Colexiata de Iria Flavia.

A voceira do BNG en Padrón, Beatriz Rei, explica que “Algunhas emendas reiteran demandas de vello como a humanización da N-550, pero tamén se inclúen outras moi importantes para o futuro do concello como unha variante en Iria Flavia que permita retirar a maioría do tráfico deste entorno e poder realizar unha actuación para a súa protección e a humanización do entorno”.

Unha glorieta para Ordes

Pola súa banda o Grupo Popular no Congreso dos Deputados presentou, a instancia do PP de Ordes, unha emenda para reclamar unha partida de 1,2 millóns de euros para  executar unha glorieta inferior na estrada N-550, na saída sur da vila, cara a Santiago, co obxectivo de prolongar a rolda leste.

Esta obra tiña partida destinada nos orzamentos de Mariano Rajoy en 2018 e 2019 pero nunca se chegaron a executar. Co cambio de goberno a partida desapareceu das contas do estado.

O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, insiste na importancia da obra para o desenvolvemento do Concello, na medida en que permitiría ampliar a rolda de circunvalación cara a zona co cemiterio municipal, desviando o tráfico procedente ou con destino a Bergantiños e Costa da Morte, e tamén o xerado pola planta de tratamento e residuos animais e o vertedoiro de Sogama, na Areosa, preto de Ordes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial