Ordes avanza contra os eólicos

0

Ordes, 7 de setembro do 2021 – A bisbarra de Ordes leva tempo opoñéndose a instalación de parques eólicos e cada vez súmanse máis organizacións á loita.

Esta fin de semana a asociación Salvemos a Comarca organizaba unha mesa redonda coa presenza de sindicatos agrarios e gandeiros que acordaban loitar contra a actual lexislación eólica.

Participaron no encontro Isabel Vilalba, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Jacobo Feijoo en representación de Unións Agrarias e Juan Fernández Armesto, Presidente de Casa Grande de Xanceda. A mesa foi moderada por Isolina Raña, Vicepresidenta da Federación de Ganaderas Españolas Somos Tierra.

O debate contou cunha activa participación do público. En el asomaron diferencias de criterio pero sobre todo unidade. Todos coincidiron na necesidade de reclamar das administracións uns mínimos cambios na lexislación.

Algunhas das propostas son informar de xeito inmediato e transparente aos veciños,  aumentando o tempo de exposición pública dos proxectos. Impedir o fraccionamento fraudulento dos parque eólicos para facilitar a súa tramitación ambiental. Aumentar a distancia mínima de un parque as vivendas a dez veces a altura dos xeradores, como ocorre en Europa. Prohibir a implantación de xeradores en terreos con capacidade agraria Prohibir a instalación de parques non so sobre a Rede Natural 2000 senón tamén sobre os terreos que se prevén para a ampliación de dita rede. Esixir a independencia das empresas que elaboran os estudios de impacto ambiental dándolles o carácter dunha auditora.

O BNG presentará alegacións

Paralelamente a esta mesa redonda o BNG de Ordes emitía un comunicado sobre as alegacións presentadas aos parques eólicos de Meirama e As Encrobas.

Os nacionalistas, tal e como explica o seu voceiro Pablo Vidal, consideran que “tódalas infraestruturas destes dous parques eólicos en tramitación, promovidos por Naturgy Renovables SLU, intégranse nunha área cun radio inferior a 3 km e comparten a mesma subestación para evacuación da enerxía xerada”.

Para Vidal, isto demostra “a clara intención da promotora en fraccionar en proxectos mais pequenos, o que realmente se trata dun parque eólico mais grande cunha potencia total de 69,4 MW, que poderiamos denominar As Encrobas – Meirama”. Segundo o portavoz nacionalista, esta intención responde “ao interese da promotora en que a tramitación sexa efectuada a través da Xunta de Galiza, a cal ten competencia para tramitar parques eólicos de potencia inferior a 50 MW, evitando deste xeito o trámite a través do Goberno do Estado”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial