Ordes, 22 de xuño do 2020 – A Asociación de Comerciantes de Ordes, Acordes, ten nova directiva que chega coa intención de ampliar o número de socios como prioridade.
A nova directiva mantivo unha reunión co alcalde de Ordes, José Luís Martínez Sanjurjo para presentarse e expoñerlle os plans da nova xerencia.
Asemblea extraordinaria
A nova executiva nace da asemblea realizada recentemente. A intención do novo equipo e unir o maior número posible de empresarios da Comarca de Ordes, sexa cal sexa o seu sector de actividade. Para conseguir isto ponse á disposición de calquera empresario da comarca un e-mail, eumercoenordes@gmail.com , para que contacte co fin de poder facilitarlle toda a información que necesite
O presidente, David Viaño, explica que “Logo do golpe global na maioría dos sectores derivado da recente pandemia do COVID-19 compre empezar de cero e formar unha unión consolidada que aporte beneficios a todos os asociados, por iso dende o primeiro momento poñemos a disposición de cada socio unha xerente formada en todos os temas relacionados con asociacións de comerciantes e empresarios para poder dar respostas certas en todo momento. Para nós esta é a primeira medida que indica o gran cambio que queremos conseguir”.
Formación previa.
Tanto o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, como a concelleira de Comercio, Jéssica López Varela, animaron e mostraron man tendida para seguir colaborando no tempo nas iniciativas de ACORDES. Tamén mostraron a súa predisposición a ser intermediarios en todo o necesario ante a administración autonómica, especialmente a dirección xeral de comercio, para obter os maiores réditos posibles de todas e cada unha das propostas que pensan poñer en marcha nas vindeiras semanas e meses.
O alcalde de Ordes anuncioulles que os orzamentos que se van a debater en pleno nos vindeiros días inclúen unha partida económica de cara a colaboración na financiación para a contratación da xerente no presente ano, e para desenrolar outras medidas das decididas en varios encontros celebrados nas pasadas semanas con representantes da asociación, especialmente co emprego e posta a disposición de novas tecnoloxías, tanto para negocios e empresas, como para os habituais e potenciais novos clientes.
“Desexarlle o maior dos acertos posibles a nova directiva, que a xerente faga unha labor beneficiosa, e que a colaboración económica municipal axude a poñer en marcha e materializar as ideas coas que arranca esta nova directiva”, remarca a concelleira Jéssica López Varela, ao mesmo tempo que se pon a completa disposición da directiva e dos asociados para manter unha comunicación fluída, especialmente para desenrolar actividades conxuntas de dinamización e promoción.