Ordes, 30 de xullo do 2020 – O vindeiro sábado día 1 de agosto a partir das 8 da tarde terá lugar a XXI Xuntanza de Bandas de Música en Ordes.
A cita anual está organizada pola Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes en colaboración co Concello da vila. O igual que todos estes anos, a Alameda será o lugar elixido para o concerto.
En este 2020 a Banda Municipal de Padrón acompañará no escenario á Banda de Música de Ordes. A organización xunto co concello aplicará todas as medidas de seguridade que establecen as autoridades sanitarias para este tipo de actos culturais. O evento estará delimitado a 200 butacas que gardarán a distancia de seguridade. Os asistentes deberán usar obrigatoriamente a máscara e antes de acceder ao recinto e deberán aplicar o hidroxel que terán a súa disposición.
As dúas bandas ofrecerán cadanseu concerto composto por pezas de todos os estilos: pasodobles, obras, bailables e muiñeiras encherán de notas a Alameda para dar cabida pouco a pouco e con responsabilidade a esta nova situación.