Oroso acondiciona os centros escolares para o curso

0

Oroso, 9 de setembro do 2021 – O concello de Oroso ven de investir 22.000 euros na preparación dos centros escolares para o novo curso.

O alcalde de Oroso, Luis Rey, e a concelleira de Ensino, Isabel Fernández, visitaron as obras realizadas nos centros de ensino co gallo do comezo do curso 2021-2022. Aproveitaron para reunirse cos nais e pais da aula de Deixebre do CRA (Centro Rural Agrupado).

No CRA de Deixabre comézase este curso a impartir o primeiro ciclo de educación primaria.  O obxectivo do encontro foi mostrar as reformas que se levaron a cabo para adaptar a escola á nova realidade, e escoitar as súas demandas e suxestións.

A Concellaría de Mulleres e Benestar Social aproveitou para mostrar a súa preocupación pola defensa da diversidade, pintando varios bancos dos centros educativos coas cores da bandeira LGTBIQ+ “Aproveitamos para desexarlle ao alumnado un bo comezo de curso, agardando que resulte cando menos tan ben como o anterior grazas á implicación e compromiso de toda a comunidade educativa”, asegura Isabel Fernández.

Na mesma liña manifestouse o alcalde, Luis Rey, que se comprometeu “a manter e potenciar a aposta do noso concello polo ensino público e polos centros do rural, moi necesarios para manter os servizos nas parroquias”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial