Oroso aporba uns orzamentos que superan os 6,8 millóns de euros

0

Oroso, 16 de marzo do 2021 – O Concello de Oroso aprobou nun pleno extraordinario un orzamento municipal para este ano 2021 de 6.899.994,20 euros.

As contas de Oroso crecen un catorce por cento no relativo ao gasto social como consecuencia do momento actual. Os orzamentos saíron adiante co voto a favor de Psoe e BNG e a abstención do PP e Oroso Renovable.

Centrados na protección social

O voceiro do grupo de goberno de Oroso, Antonio Leira, explicou que son uns orzamentos “focalizados na protección social, con axudas para os colectivos en maior risco de exclusión, as familias e os sectores máis afectados pola pandemia da Covid-19”.

Pola súa banda o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, destacou que os orzamentos “axústanse aos tempos que vivimos, un contexto complicado de crise sanitaria e económica no que o gasto social ten que ser a prioridade”.

A partida de políticas sociais superará os 750.000 euros (665.000 euros o ano pasado) e inclúe os gastos no servizo de axuda no fogar (SAF), emerxencia social, reparto de alimentos e axudas ás familias e colectivos máis afectados pola pandemia do coronavirus.

No caso do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), a partida do concello para este servizo aumentou en 68.000 euros entre 2020 e 2021. Ademais, Oroso destinará este ano 140.000 euros do Plan Único da Deputación da Coruña a gasto social.

O grupo de goberno lembrou ademais que este ano entran en vigor diferentes medidas e exencións fiscais para a veciñanza, entre as que están unha rebaixa no IBI e no recibo do lixo, así como unha bonificación dun 60% no imposto de vehículos de tracción mecánica para os automóbiles eléctricos e híbridos.

Tamén haberá unha bonificación de ata un 75% no imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana a título lucrativo por causa de morte a favor de descendentes e cónxuxes. Todas estas medidas fiscais terán un impacto superior aos 200.000 euros, cos que contarán os veciños e veciñas de Oroso para os seus gastos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial