Oroso aposta pola atención directa á veciñanza

0

Oroso, 24 de xuño do 2021 – O Concello de Oroso pon en marcha unha nova iniciativa para a veciñanza das parroquias, un servizo de atención directa que resolva calquera tipo de problema ou incidencia que afecte á súa vida diaria.

O alcalde de Oroso, Luís Rey, explica que “Moitas veces queda sen luz unha luminaria, hai algún desperfecto nunha sinal de tráfico ou cae unha rama dunha árbore nun camiño do rural e queremos darlle solución a este tipo de problemas no menor prazo de tempo posible, polo que axilizaremos o procedemento”.

A veciñanza de Oroso o único que ten que facer é chamar ao número de teléfono 654 343 809 ou escribir un mail a info@oroso.gal e serán atendidos de forma inmediata polo concello. José Manuel Calvo, o novo concelleiro que entrou na corporación o mes pasado, será o encargado deste servizo.

“Vivimos nun concello cunha contorna natural que temos que coidar entre todos, a renovación continua dos servizos e infraestruturas nas parroquias será unha prioridade para min, dando continuidade ao que xa se estaba facendo”, engade Luis Rey. Engade que “Non hai mellor maneira de enterarnos dalgunha carencia ou incidencia que decirlle ao propio veciño que nos chame, que garde o número desta liña que poñemos á súa disposición e a utilice”.

Ademais deste novo servizo de comunicación, o Concello de Oroso aproveitará os meses de verán para acometer un conxunto de obras no rural cun investimento global dun millón de euros, mellorando sobre todo o estado de numerosos camiños e viais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial