Oroso céntrase na reactivación económica do concello

0

Oroso, 3 de setembro do 2020 – O concello de Oroso céntrase na reactivación económica do concello e implementa novas medidas económicas que axuden aos distintos sectores.

O equipo de goberno que dirixe Manuel Mirás levará ao seguinte pleno municipal de Oroso unha batería de medidas enfocadas na economía das familias e os autónomos. O concello unirase ao programa Pel-Reactiva da Deputación, pensado para autónomos, comercios e hostalería que tiveron que parar a actividade durante o confinamento.

No vindeiro exercicio o recibo do lixo terá unha rebaixa do 10% e o IBI unha do 5%. por outra banda o imposto de vehículos terá unha bonificación do 60% no caso dos automóbiles eléctricos e híbridos.

Tamén haberá unha bonificación de ata un 75% no imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana a título lucrativo por causa de morte a favor de descendentes e cónxuxes.

En palabras do alcalde de Oroso, Manuel Mirás, “Son medidas e bonificacións que suporán unha redución de ingresos para o concello próxima aos 300.000 euros, pero consideramos que é necesario; dentro das nosas competencias, temos que facer todo o posible para axudar á veciñanza”.

Este paquete de medidas únense a outras tomadas desde o comezo da pandemia, como o reparto gratuíto de 14.700 máscaras e material EPI (hidroxel e luvas), ou a desinfección do centro de saúde e os espazos públicos, que supuxeron un investimento por parte do concello de 85.000 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial