Oroso destina 300.000 euros máis a pailar a crise económica

0

Oroso, 13 de outubro do 2020 – O concello de Oroso destinará un total de 318.000 euros a paliar a crise económica derivada da pandemia do Covid con rebaixas fiscais e axudas de distinto tipo.

O concello convocou dúas sesións extraordinarias da comisión de contas e do pleno municipal os próximos días 14 e 19 deste mes para darlle luz verde a varias medidas fiscais no ano 2021. Estas medidas inclúen unha rebaixa no IBI e no recibo do lixo, así como unha bonificación dun 60% no imposto de vehículos de tracción mecánica para os automóbiles eléctricos e híbridos.

Tamén esta prevista unha bonificación de ata un 75% no imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana a título lucrativo por causa de morte a favor de descendentes e cónxuxes. Todas estas medidas fiscais terán un impacto de 177.000 euros na veciñanza.

Por outra banda o concello acolleuse ao programa PEL-Reactiva da Deputación da Coruña, do que se van beneficiar os autónomos e os establecementos de comercio e hostalería que tiveron que interromper a súa actividade polo confinamento e o estado de alarma. Serán 140.761 euros para Oroso que poderán ser destinados, entre outras cuestións, a gastos de adaptación e acondicionamento dos negocios á nova realidade derivada da Covid-19, compra e instalación de biombos, adquisición de produtos de limpeza e protección, así como a gastos correntes. As axudas aos negocios oscilarán entre os 1.500 e os 3.000 euros, en función dos traballadores que teñan ao seu cargo.

O alcalde, Manuel Mirás, explicaba que  “Son medidas e bonificacións que suporán unha redución de ingresos para o concello superior aos 300.000 euros, pero consideramos que é moi necesario; dentro das nosas competencias, temos que facer todo o posible para axudar á veciñanza e grazas a unha boa xestion dispoñemos dunhas contas saneadas para afrontar estas iniciativas”.

Este paquete de medidas únese a outras tomadas desde o comezo da pandemia, como o reparto gratuíto de 15.000 máscaras e material EPI (hidroxel e luvas), ou a desinfección do centro de saúde, os espazos públicos e os arredores dos establecementos esenciais, que supuxeron un investimento por parte do concello de 100.000 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial