Oroso eleva ao dez por cento a reserva de vivenda protexida no PXOM

0

Oroso, 16 de setembro do 2021 –  O Concello de Oroso celebrou un pleno extraordinario no que se aprobou unha actualización do PXOM para fixar no 10% a reserva de solo para a construción de vivenda protexida.

Esta porcentaxe de vivenda protexida é moi superior á fixada pola Xunta de Galicia como reserva mínima, que no caso de Concello de Oroso quedou establecida o pasado mes de febreiro no 6,4%.

O alcalde, Luís Rey, explica que “Temos un PXOM que permitiu a Oroso un desenvolvemento racional e proporcionado, combinando as dotacións de uso público coas que contamos, o chan para proxectos industriais e a promoción inmobiliaria, axustando a vivenda protexida ás demandas do mercado”.

Na sesión tamén se aprobou a petición dunha subvención á Deputación para a posta en marcha da nova zona de ocio e deportiva en Porto Avieira. Con esta nova infraestrutura, o concello aumentará os servizos da zona, tendo en conta a demanda veciñal de espazos para practicar deporte.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial