Oroso fai crecer o seu Paseo da fama do Camiño Inglés

0

Oroso, 26 de marzo do 2021 – O concello de Oroso fai crecer o seu paseo da fama do Camiño Inglés coa colocación de dúas novas placas dedicadas a peregrinos ilustres.

Oroso homenaxea en esta ocasión a Cosme II de Médici, un príncipe herdeiro do gran ducado da Toscana que pasou polo municipio no ano 1669; e o rey Carlos I de España, que pasou pola ponte de Sigüeiro para dirixirse hacia A Coruña, onde embarcou hacia Alemania para ser coroado emperador tralo pasamento do seu avó Maximiliano no 1520.

Ao acto asistiron o alcalde, Manuel Mirás; o concelleiro de Turismo, Antonio Leira; a concelleira de Ensino, Isabel Fernández; o concelleiro de Medio Ambiente, Javier Grela; Cristóbal Ramírez, unha das persoas que máis axudaron ao Concello na revitalización do Camiño Inglés, así como a directiva e un grupo de alumnos e alumnas dos CEIP Camiño Inglés e Sigüeiro.

O alcalde agradeceu “o traballo dos centros educativos na promoción do Camiño Inglés” e destacou “a importancia de que os mozos e mozas coiden e protexan a ruta no futuro”, lembrando os seus primeiros pasos “para a recuperación e posta en valor do Camiño Inglés no ano 1991”.

Na mesma liña falou Antonio Leira, destacando os intercambios académicos con centros británicos grazas ao Camiño Inglés e “as unidades didácticas que se fan nos centros, unha forma de que os rapaces e rapazas coñezan a historia da personaxe, como xa fixemos outros anos con Margery Kempe e János Zádori, e de que sepan máis cousas desta ruta”.

A importancia do Camiño Inglés en Oroso medra de forma continua e cada ano os peregrinos e peregrinas fan un gasto no seu paso polo concello de 600.000 euros, principalmente na hostalaría e nas pernoctacións, aínda que loxicamente a pandemia supuxo un parón.

Ademais, Oroso é cada día máis coñecido polo seu papel na revitalización do Camiño Inglés e no municipio está único centro de mundo adicado ao estudo deste sendeiro medieval, que procedía da Coruña e Ferrol para rematar en Compostela: o CEICI (Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial