Oroso felicita a Familia Caamagno polo terceiro posto no Suns Europe

0

Oroso, 9 de decembro do 2016.- O Concello de Oroso felicita a Familia Caamagno polo seu terceiro posto na segunda edición do Suns Europe, festival europeo de artes escénicas en linguas minoritarias celebrado esta fin de semana en Udine (Italia) e no que o grupo de rock de Sigüeiro acudiu en representación de Galicia. Os orosáns competiron canda outras nove bandas procedentes de Italia, Rusia, Francia, Irlanda, Illas Feroe, Inglaterra e Holanda.

Familia Caamagno obtivo a terceira posición logo dunha moi apertada votación do xurado, que se decantou finalmente polo grupo Steso (Illas Feroe), un proxecto pouco convencional cunha música etérea e hipnótica; mentres que o segundo posto foi para Brieg Guerveno (Francia), líder dun grupo en lingua bretona que mestura rock duro con folk. Os galegos participaron co tema “Lausanne”, do seu último disco “Para unha vez que saímos” (2016). O premio do público recaeu nas dúas propostas rusas: Veronika Usholik e Gurude.

Familia Caamagno recibiu o “Recoñemento especial á promesa 2013” convocado polo Concello de Oroso na primeira edición da súa Gala da Cultura. Trátase dun grupo de rock nado en Sigüeiro no 2011 e que se fixo cun importante oco no panorama musical galego. Primeiro premio no Concurso de Bandas da Deputación da Coruña, editaron un primeiro traballo en outubro de 2012 (“Familia Caamagno”) ao que seguiron “Cantan polo Nadal” (decembro 2012), “Hai que andar cos tempos” (febreiro 2014) e “Para unha vez que saímos” (marzo 2016).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial