Manuel Pazos presenta en Oroso un libro sobre a antiga vía férrea Santiago Coruña

0

Oroso, 20 de xaneiro do 2021 – O salón de plenos de Oroso foi o escenario da presentación de ‘Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña” do historiador local Manuel Pazos.

Un dos antigos apeadeiros da liña

O traballo, editado por Obradoiro de Historia e patrocinado polo Concello de Oroso, repasa a historia da antiga liña de ferrocarril de 75 quilómetros, 12 estacións, dous apeadoiros e 19 túneles. Unha liña pola que transcorrerá a primeira Vía Verde da provincia, un proxecto polo que pelexou o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, desde o ano 2005 e que agora por fin xa é unha realidade. “Estou moi satisfeito como alcalde de apoiar este libro, que recolle a memoria dunha liña de ferrocarril, pero tamén a memoria dunha sociedade e dunha época”, explicou Mirás,

Manuel Mirás, esquerda, e Manuel Pazos, dereita

“Foi unha pena perder a liña de ferrocarril da que fala este libro, xa que a conservación da súa estrutura era compatible coa posta en marcha da Vía Verde”, engadiu o alcalde de Oroso. Pola súa parte, o autor do libro, Manuel Pazos, destacou “a importancia que tiña o ferrocarril no tecido social e a súa vinculación con circunstancias tan galegas como a emigración, xa que moitos emigrantes marchaban no tren”.

“Tiven a idea de facer o libro hai uns dous anos; quixen combinar os datos sobre a liña de ferrocarril con un amplio arquivo fotográfico, ademais de textos e poemas de escritores e escritoras da zona, xa que o tren era tamén unha referencia para eles”, afirma Pazos.

Vista aérea do vello trazado da liña de ferrocarril Santiago Coruña

O libro ten un elevado valor histórico e documental. De feito, o autor xa recibiu numerosas peticións de asociacións de amigos do ferrocarril de toda España e desde o Concello de Oroso farase chega ás principais administracións galegas e estatais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial