Oroso non entende que se lles manteñan as restricións

0

Oroso, 4 de decembro do 2020- Oroso di “respectar pero non entender” o nivel de restricións que a Xunta decidiu manter no concello con tan só 13 casos activos na vila cando hai unha semana eran 27.

O alcalde Manuel Mirás aclara que “Por suposto que respectamos e faremos cumprir as medidas impostas pola Xunta, pero somos o único concello da comarca cun nivel de restricións medio-alto e non resulta sinxelo de entender mirando o número de positivos doutros municipios”.

Centro de Saúde de Oroso

O rexedor engade que “Gustaríanos ter unha explicación máis convincente por parte da Consellería de Sanidade, non quero falar publicamente da situación doutros concellos próximos pero os datos están aí, calquera os pode consultar”.

Unha “illa” na bisbarra

O Concello de Oroso di ser consciente dos datos da incidencia acumulada que inflúen na decisión do comité clínico “pero a realidade é que as 13 persoas están nos seus domicilios, recuperándose ben, e compartimos as demandas e as preocupacións de sectores como o comercio e a hostalería”.

O nivel de restrición medio-alto que ten Oroso supón que a hostalaría poderá abrir cun tope do 30% do aforo no interior e un 50% no exterior, con grupos de catro persoas como moito e só ata as cinco da tarde.

Mirás di que “Somos como unha illa, a excepción na comarca, e a situación é confusa, pero insisto en que respectaremos as normas, a saúde é unha prioridade e fago un novo chamamento á responsabilidade veciñal”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial