Oroso, 11 de xunho do 2020 – O concello de oroso celebrou un pleno extraordinario no que se decidiu a gratuidade da piscina municipal en esta ano tan excepcional.
A corporación aprobou por unanimidade a modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa da piscina municipal. Esta decisión conleva que este verán a entrada sexa gratuita como apoio ás familias.
Unha vez rematadas as obras da nova cuberta, cun investimento de 210.475 euros, a piscina abrirá nos últimos días de xuño.
O concello está pendente das indicacións das autoridades sanitarias para decidir como será a entrada ao recinto, posiblemente por cita previa e diferentes quendas. Algo do que se terá máis información nos próximos días, tanto do procedemento como dos cursos de natación do verán.
O grupo de goberno agradeceu o talante e a dispoñibilidade de todos os grupos políticos da corporación na sesión plenaria.