Oroso reclama máis servizos no Centro de Saúde

0

Oroso, 30 de xullo do 2021 – O pleno do Concello de Oroso aprobou por unanimidade unha moción impulsada na que demanda “melloras no aspecto de servizos e dotación de persoal” no centro de saúde”.

A moción sobre Centro de Saúde foi presentada polo equipo de goberno municipal e apoiada por todos os grupos da corporación. No comunicado reclámase tamén a recuperación da presencialidade, interrompida pola pandemia.

Beatriz Rodeiro, concelleira de Sanidade, explica que “Entendemos a excepcionalidade do ano pasado, pero temos que recuperar a presencialidade para tratar moitas doenzas, xa que unha consulta telefónica ten moitas limitacións”.

No debate da moción falouse do problema co servizo telefónico do centro, que provoca moitas veces aglomeracións. “Non ten xustificación neste caso a actitude da xerencia da área de saúde, xa que demandamos hai tempo unha reunión e nin sequera contesta”, apuntou o alcalde, Luis Rey.

No que respecta ás peticións de máis persoal, falouse entre outras especialidade da necesidade de incorporar ao centro de saúde un traballador social, unha demanda apoiada ademais polos propios profesionais sobre todo pensando nas xestións coas persoas maiores de Oroso.

Por último, a moción demanda tamén á Xunta “máis profesionais sanitarios e unha maior estabilidade laboral para os mesmos, poñendo fin á elevada precariedade existente no sistema sanitario galego”.

Na sesión plenaria de debateuse outra moción sobre os fondos europeos Next Generation. O alcalde de Oroso lamenta que “non sexan os concellos os que os xestionen directamente”, á espera de coñecer como serán exactamente os criterios de reparto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial