Oroso renova a rúa Emilia Pardo bazán de Porto Avieira

0

Oroso, 7 de xullo do 2021 – O concello de Oroso intensifica o plan de mellora das rúas do concello con arranxos en Emilia Pardo bazán de Porto Avieira

Os traballos en Porto Avieira levarán a esta rúa un novo aglomerado, así como a correspondente sinalización horizontal e vertical. O alcalde, Luís Rey, explica que “É unha actuación demandada polos veciños da zona e que servirá para mellorar o tráfico e a seguridade viaria nunha das rúas máis transitadas de Porto Avieira”.

Esta actuación únese aos traballos de rebacheo en todas as pistas das parroquias do municipio que o necesiten, que tamén comezan esta semana e serán en dúas fases, cun orzamento de 60.000 euros.

O concello desenvolve durante todo o ano un plan integral de renovación e mantemento dos servizos e infraestruturas municipais, con especial atención á rede de comunicación viaria.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial