Oroso renova e mellora as instalacións deportivas

0

Oroso, 7 de outubro do 2021 – O Concello de Oroso realizou nas últimas semanas diferentes actuacións para renovar e poñer a punto as instalacións deportivas do municipio.

Oroso prepara as instalacións para o comezo dunha tempada na que se retoman as competicións que o ano pasado tiveron que interromperse pola pandemia da Covid-19. 

Entre as tarefas realizadas, houbo melloras no alumeado en diferentes instalacións, como o campo de béisbol, reformas na pista de Taekwondo ou na pista de tenis da parroquia de Deixebre. Procedeuse ademais á reposición do céspede no campo de fútbol de Villaromarís e á instalación dunha caseta para a venda de entradas no campo do Sigüeiro.

No pavillón polideportivo, hai unha nova pasarela para o acceso entre gradas e instalouse un palco polivalente, que pode servir para os xuíces de determinados deportes ou para acoller autoridades nalgúns eventos. Na sala polivalente, puxéronse novos vinilos para evitar problemas coa luz.

O concelleiro de deportes de Oroso, Antonio Leira, explica que “Son pequenas melloras que favorecen a práctica deportiva e a comodidade dos espectadores; o fomento dos hábitos de vida saudables é unha prioridade para o noso grupo de goberno, polo que queremos que os veciños conten coas mellores infraestruturas posibles”. 

“Todas estas tarefas dan ademais continuidade ao noso plan para renovar e mellorar o conxunto das infraestruturas de ocio e deporte en todo o municipio”, engade o alcalde, Luis Rey Villaverde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial