Oroso renova viarios en Gándara e Deixebre

0

Oroso, 13 de xaneiro do 2021 – O concello de Oroso comezou as obras de renovación de varios viarios nos lugares de Oroso de Abaixo (A Gándara) e A Igrexa (Deixebre).

Os traballos de Oroso contan cun orzamento de 118.420 euros. A duración prevista é de tres meses e servirán para pavimentar o firme, mellorando a seguridade en vías e camiños moi transitados polos veciños de ambas parroquias.

Luís rey, concelleiro de obras, explica que estas obras “forman parte do plan integral de renovación e mantemento dos servizos e infraestruturas municipais, posto en marcha polo Concello de Oroso no casco urbano e nas parroquias, e damos desta forma resposta ás demandas veciñais”.

Estes traballos súmanse aos rematados hai un mes nos núcleos de Rial (Trasmonte); Vilacide (Oroso); Cabanas (Os Ánxeles) e O Seixo (San Román de Pasarelos).

“A mobilidade nos camiños do rural é moi elevada, por iso desde o Concello de Oroso melloramos de forma continua a rede viaria, facilitando as comunicacións e reducindo o risco de accidentes”, engade o alcalde, Manuel Mirás.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial