Oroso, 3 de setembro do 2019 – O Concello de Oroso deu un novo impulso á renovación da súa rede de alumeado público no conxunto do municipio con tecnoloxía LED incorporando novas vías a un proxecto pensado para os próximos meses.
En este caso as luminarias LED chegaron ao tramo que une a urbanización Porto Avieira e Falmega.
O alcalde, Manuel Mirás, explica que se trata “dun proxecto por fases para substituír toda a rede de alumeado público no concello, mellorando desta forma a visibilidade, a seguridade e os servizos para todos os veciños e veciñas”.
O uso da tecnoloxía LED cumpre ademais coas normativas europeas de eficiencia enerxética e respecto ao medio ambiente. “Coas luminarias LED, melloramos a visibilidade e a calidade de servizo, reducindo a contaminación nocturna e a factura eléctrica, ademais de cumprir as recomendacións de todos os organismos internacionais”, engade Mirás.
Durante as próximas semanas, continuarán os traballos por fases para renovar o conxunto da rede pública de alumeado en Oroso.