Ortoño seguirá sen transporte a curto prazo

0

Ames, 13 de outubro do 2021 – Os problemas de transporte de Ortoño, en Ames, non atopan unha solución a curto prazo despois da negativa de Compostela a restaurar a liña P2.

O venres o alcalde, Blas García, mantiña unha reunión coa Dirección Xeral de mobilidade na procura de outras alternativas para Ortoño. Lonxe de atopalas o alcalde acabou na fin de semana publicando una carta para expresar o seu malestar coa Dirección Xeral de mobilidade.

Falamos con Blas García para poñer en contexto as últimas novas sobre os problemas de transporte de Ortoño. Comezamos pola negativa dos técnicos de Compostela a informar favorablemente da restitución da liña P2

Pechado ese camiño Ames volve a vista á Dirección Xeral de Mobilidade, quen ten a competencia no transporte metropolitano. Á reunión do venres pasado Blas García acode con tres alternativas, a máis rápida aumentar o número de frecuencias do bus de Extramundi

Blas García

Na reunión acórdase no emitir ningún comunicado ata atopar a solución. Desde a Dirección Xeral enviase unha carta, despois da reunión, ao concello e posteriormente unha versión reducida da mesma aos medios. Esta comunicación pública é a que motiva o malestar de Blas García que fala de “deslealdade”

Resulta complicado explicar aos veciños que, por exemplo Os Tilos, en Teo, teña liña urbana de Santiago e Ames non a poda ter. Mas alá diso Blas García denuncia que desde a Xunta volven a poñer a solución a solución en mans do concello aínda que non teña a competencia e engade os problemas que o transporte metropolitano está tendo en toda Galicia

Unha situación que leva dez meses sen solución e que non parece que a curto prazo a teña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial