Piden que orzamento de Santiago inclúa a perspectiva de xénero

0

Compostela, 14 de xaneiro do 2021 – O BNG de Santiago pide que o novo orzamento da cidade teña en conta a perspectiva de xénero.

Os nacionalistas levarán a pleno unha moción para por en marcha o V Plan de igualdade que debería abarcar ata o 2024. O Bloque quere que se faga en colaboración co movemento asociativo feminista e cos grupos municipais.

Máis precariedade nas mulleres

Según os datos ofrecidos pola voceira do BNG, Goretti Sanmartín, as mulleres sofren máis a precariedade laboral. En Santiago, que incrementou o número de parados, hai 3.463 mulleres e 2.944 homes segundo os datos de decembro de 2020, cando eran 2.977 mulleres e 2.394 homes en decembro de 2019.

A nivel galego, a taxa de temporalidade no emprego das mulleres situábase xa en 2019 no 27,5% (2,1 puntos máis que a masculina) e o 77,3% dos traballos a xornada parcial son realizados por mulleres.

Goretti Sanmartín

Para Goretti  “A pobreza é feminina, sabemos que en Santiago saíu á luz traballo oculto e somerxido de persoas que non tiñan recursos durante o confinamento e aí había unha porcentaxe moi alta de mulleres co que se incrementou esa feminización da pobreza”.

Datos dun informe da Rede galega contra a pobreza revelan que, xa en 2019, o 24,4% das mulleres estaban en risco de pobreza ou exclusión social, fronte ao 20,7% dos homes.

Sen avaliación do plan anterior

O BNG lembra que o anterior plan de igualdade, o cuarto, ven de rematar, xa que fora plantexado para o período 2017-2020. O documento ten pendente a avaliación dos resultados, algo prioritario para a voceira nacionalista “porque nos preocupan as consecuencias desta crise para as mulleres e porque na avaliación do III Plan de Igualdade xa se expresou que tivera un grao de cumprimento de nivel medio-baixo de implementación e que as medidas de menor desenvolvemento correspondían coa esfera laboral”.

Goretti Sanmartín cuestionou que a comisión de seguimento do IV Plan de Igualdade non se reunise nos últimos dous anos, cando era preceptivo que contase coa representación de todas as forzas que fan parte da Corporación.

Goretti Sanmartín dixo do novo plan de igualdade que “debe incluír entre as prioridades atender as medidas laborais para fomentar o emprego de calidade e combater a fenda salarial e a precariedade para as mulleres do concello de Santiago. Debe ser realista, adecuarse a este contexto de crise económica e combater a precariedade laboral”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial