Os cambios de caudal e cor no río Pucheiras preocupan aos veciños de Loxo

0

Touro, 6 de setembro do 2021 – Os veciños da parroquia de Loxo viron nos últimos días como de xeito inusual mudaba a cor do río Pucheiras e aumentaba o seu caudal.

O río Pucheiras, nado no lugar de Zanca no monte Arinteiro, baixaba con augas claras e pouca auga como é habitual na época estival. O propio concello de Touro pedía aos veciños que moderaran o consumo de auga do abastecemento municipal pola seca. Na última semana sen que exista unha razón o río comezou a mudar de apariencia e aumentar o caudal. Presuntamente a mestura de cores cobrizos e brancos aluminoso, xunto co aumento de caudal, deberíase ao paso polos terreos mineiros onde se tería producido un verquido artificial. O Pucheiras ao discorrer por eses terreos entra en contacto coa balsa de Vieiro.

A Plataforma veciñal Mina Touro o Pino NON advirte ademais que o río vai dar ao Brandelos que é afluente directo do Ulla. Os cambios, explican, poden apreciarse seguindo o coñecido como “Camiño do Día Vinte”, una ruta histórica que une Touro e O Pino e a reapertura da mina podería destruír según o colectivo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial