Os cambios na RPT de Ordes discrimina a unha parte dos traballadores

0

Ordes, 7 de xuño do 2021 – As modificacións na Relación de Postos de Traballo aprobados no último pleno municipal discriminan a unha parte da plantilla do concello de Ordes

Os cambios supoñen a creación de novos postos, incrementos salariais en algúns casos e a intención de diminuír o soldo de outros o que suporía na práctica un agravio comparativo.

Roberto Tizón da CIG explica que o equipo de goberno decidiu seguir adiante con esta modificación da relación de Postos de Traballo de xeito unilateral, levantándose da mesa de negociación e aprobándoa no pleno grazas a súa maioría

Preguntado por si esta modificación discrimina a certos traballadores fronte a outros Tizón explica que a realidade é que os traballadores máis prexudicados son os posicionados do lado da CIG

Coa apertura do período de alegacións ábrese a posibilidade de reclamar popr esta vía a modificación. Tizón en calquera caso lembra tamén que para resolver estas situacións están tamén os xulgados

No concello de Ordes hai 30 funcionarios e 50 traballadores coa categoría de persoal laboral. Unha situación que se da en moitos concellos. Roberto Tizón explica que é unha consecuencia da falta da tasa de reposición e tamén do uso como medida de presión dunha situación laboral inestable

Nas vindeiras semanas coñecerase que medidas toma o sindicato e si o equipo de goberno de Ordes aplica as novas condicións ou agarda a resolver as posibles alegacións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial