Os casos de Covid nos centros educativos da Área Sanitaria seguen crecendo e superan a centena (26/10/2020)

0

Bisbarra, 26 de outubro do 2020 – O novo estado de alarma chega cun confinamento nocturno mentres os casos de Covid nos colexios seguen crecendo.

Na Área Sanitaria Santiago Barbanza os datos oficiais eran de 95 casos activos por Covid o pasado xoves, 104 o pasado venres e 117 o pasado sábado. Hai dous centros que chegan aos 6 positivos, La Salle e Compañía de María en Santiago. A Escola Infantil da Madalena eo IES Milladoiro en Ames, xunto co Manuel Peleteiro de Santiago teñen 5 positivos. O Rodríguez Castelao de Ordes e o Politécnico e San José de Cluny en Santiago informan de 4. O resto dos centros afectados teñen tres, dous e na maioría dos casos 1 só positivo.

Imaxen de congerdesign en Pixabay 

Niveis de alerta nos concellos

Os concellos en niveis vermellos concéntranse no Deza e na contorna da Capital. Santiago, Ames e Teo por unha banda e A Estrada e Lalín pola outra.

En nivel laranxa, entre 14 e 21 casos na última semana, están Brión, Boqueixón, Mesía, Muros, Noia, Oroso e Ordes que abandona o nivel vermello que tivo durante uns días.

Xa en amarelo, entre 7 e 14 casos nos últimos sete días, están Boiro, Outes, Porto do Son, Ribeira, Vedra e Vila de Cruces.

Confinamento desde as 23 horas

O Decreto publicado onte fixa unha limitación dos movementos desde as 23 horas ata as seis da mañá. Este estado de alarma está pensado para durar ata maio pero terá que ser confirmado antes do 9 de novembro xa que será autorizado en principio para 14 días.  

Os únicos casos nos que se permite a circulación en ese tramo horario son os seguintes:

a) Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.

b) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.

c) Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.

d) Cumprimento de obrigacións laborais, profesionais, empresariais,institucionais ou legais.

e) Retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas neste apartado.

f) Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.

g) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

h) Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

i) Reposición en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores.

En calquera caso as restricións previstas para Santiago e Milladoiro mantéñense polo momento.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial