Os concellos celebran o Día de Rosalía

0

Bisbarra, 23 de febreiro do 2021 – Os concellos da bisbarra celebran o Día de Rosalía que conmemora, este mércores 24, o nacemento da poetisa padronesa.

Agasallos de libros, imaxes na rede, luminarias decoradas… son algunhas das actividades que se suman ao Festival Rosalía que organiza a Deputación da Coruña e que durará ata o 3 de marzo.

Rois

Ames pensou este ano unha campaña denominada A luz de Rosalía. Desde o pasado domingo, os versos de Rosalía pódense ler nos farois das rúas máis transitadas do Concello. trátase dunha intervención poética deseñada polo Servizo de Normalización Lingüística en colaboración cos centros educativos de infantil e primaria do concello. A veciñanza poderá gozar desta exposición urbana até o día 7 de marzo.

Ames

Brión pola súa banda centra a lembranza nas redes. Ao longo de tod esta semana o Concello e a Biblioteca Municipal  comparten na rede imaxes e textos da poetisa, así como vídeos de curta de duración sobre a vida e obra de Rosalía. A concelleira de Cultura, Sandy Cebral, convida á veciñanza “a participar na campaña e compartir connosco algunha imaxe da autora, un texto ou un vídeo breve no que reciten algunha estrofa sobre Rosalía”. Para participar só é preciso compartir o vídeo, texto ou imaxe co cancelo #diarosaliaenbrion e citando á @bibliotecadebrion no Facebook ou a @bibliobrion no Twitter.

Ames

A figueira de Rosalía

O concello de Rois preparou un dos homenaxes máis tenros. O concello plantará no Pazo do Faramello, no xardín homenaxe ás vítimas do Albia, un abrocho da figueira da Casa da Matanza. Descubrirase ademais sendas placas nos Fondóns e no propio xardín. Rpois entregará ademais un agasallo ás persoas que empreguen os cancelos #DíadeRosalía, impulsado desde a Fundación, e o propio #RoisconRosalía.

Brión

Silleda pola súa banda preparou un obradoiro online para lembrar a Rosalía. Este mércores 24 colgarase un enlace na web municipal para seguir unha titoría coa que crear unha rosa de papel con versos da poetisa; será preciso dispoñer na casa de un folio, pincel, rotulador, tesoiras, pau de madeira, ceras, e cinta adhesiva. Esta actividade complementa a preparada pola Deputación de Pontevedra que proxectará textos da autora, na noite do día 24, na fachada da Casa da Cultura, na praza Siñor Afranio.

Teo

Teo pon en marcha Un libro e unha flor. A inicitiva invita a comprar un libro, ata mañá mércores, nunha das dúas librerías do concello e o veciño recibirá unha flor como agasallo. Ademais estes días ás redes sociais do concello publican os vídeos de 2 minutos que a veciñanza enviou recitando pezas de Rosalía.

Son algúns dos exemplos do que se fai na bisbarra. Visitade a web do voso concello, ou as súas redes sociais, e tamén atoparedes xeitos de homenaxear a Rosalía de Castro. Nos pola nosa parte o fixemos cando estivemos vendo de cerca as campás de Bastavales.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial