Os condutores que facía o servizo do aeroporto terán que ser subrogados

0

Compostela, 29 de abril do 2021 – O xulgado do Social nº 3 de Santiago vén de emitir unha sentenza na que obriga a Tralusa, do grupo Monbus, á subrogación dos traballadores que cubrían a liña do aeroporto.

A subrogación dos condutores do aeroporto tiña que terse producido o pasado 23 de decembro. Ignacio Pavón, representante da FGAMT-CIG de Compostela considera que se trata dunha sentenza que demostra “o despropósito que por parte do concello e de TRALUSA se fixo con estes traballadores deixándoos na rúa”.

unha das moitas protestas dos traballadores diante do concello de Santiago

Pavón lembra que a sentenza declara probado que tiña que terse aplicado o acordo autonómico de subrogación independentemente de que non se tivera producido a licitación a tempo por parte do concello de Santiago, toda vez que o servizo séguese a prestar na actualidade. O representante dos traballadores empraza a empresa a cumprir a sentenza e non esperar e non agardar a novos pronunciamentos do xulgado.

O sindicato considera inadmisible, despois de quedar probado que a decisión da Xunta de Goberno é a que provocou a situación que sufriron os traballadores todos estes meses, que a empresa puidera optar por indemnizar.

Por iso insta ao goberno municipal e, nomeadamente, ao concelleiro de Mobilidade, “que no seu día se desentendeu do problema que eles mesmos crearan a que tome as medidas necesarias para que se dea cumprimento á sentenza optando pola subrogación”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial