Os drenaxes da mina de Touro ante a Valedora do Pobo

0

Touro, 25 de agosto do 2021 – A Valedora do Pobo ven de recibir unha denuncia sobre a falta de transparencia nas sancións aplicadas á mina de Touro.

Ecoloxistas en Acción denuncia o reiterado incumplimento da Lei de Transparencia no caso da mina de Touro. Na denuncia implícase a Augas de Galicia, a Xefatura Territorial de Minas de Coruña e a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

A organización ecoloxistas queixase á Valedora da “deliberada ocultación de información” . Ecoloxistas en Acción refírese aos procedementos abertos polas verteduras de drenaxes ácidas a augas do dominio público hidráulico, realizadas pola propietaria da mina.

A organización ecoloxista recolle no escrito as verteduras realizadas desde o ano 2018, na maioría dos casos sen plan de restauración. Explica tamén que no canto de ser sancionada a empresa recibe da Xefatura Territorial de Minas peticións de proxectos de drenaxe que cando son presentados “carecen de documento ambiental e da preceptiva exposición pública para garantir a participación da cidadanía”. Estes plans de drenaxe son trasladados a Augas de Galicia quen tamén os valida sin iniciar ningún proxecto sancionador.

Durante o proceso produciuse a Declaración de Impacto Ambiental negativa. En outubro, sen ter vixiado os plans de drenaxe presentados para a mina de Touro, a administración galega abre un novo expediente no mes de xuño,  aceptando a presentación dun novo proxecto de drenaxe en xullo de 2021 por parte da empresa.

Ecoloxistas en Acción denuncia que transcorridos 3 anos da inspección que constataba a continuada contaminación segue sen pecharse un procedemento sancionador contra a empresa investigada, Explotaciones Gallegas S.L. e permitíndolle realizar as drenaxes ácidas.

A organización ecoloxista solicitou acceso a todos os procedementos e expedientes relacionados, pero ningunha das administracións implicadas facilitou documento algún. Ecoloxistas en Acción lembra que  ten o dereito de acceso á documentación requirida atendendo á Lei á lei 27/2006, de acceso á información ambiental que avala o acceso a esa información como asociación ecoloxista e carácter medioambiental e parte interesada (recoñecida pola Lei 38/2015).

Ecoloxistas en Acción denuncia ante a Valedora do Pobo o que considera unha ocultación e denegación continuada de acceso á información e unha falta deliberada de transparencia. Uns feitos que valoran como gravísimos, que causan total indefensión nas persoas e organizacións e que vulneran o dereito fundamental de defensa do medio ambiente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial