Os hostaleiros denuncian a discriminación do sector

0

Bisbarra, 18 de xaneiro do 2021 – Os hostaleiros da bisbarra denuncian a discriminación do sector fronte a outros servizos que incumpren as medidas e poden seguir traballando.

Membros das asociacións de Bares, Pubs e Discotecas de Compostela participaron nunha acción de protesta coa que quixeron evidenciar, unha vez máis, o trato discriminatorio que sofren. Os hostaleiros actuaron para denunciar que as actuais restricións ao sector son completamente desproporcionadas e non serven para reducir a mobilidade na cidade.

A hostalaría explica que soporta as medidas máis duras, no caso ocio nocturno acumulando xa once meses sen poder traballar, para tratar de conter a pandemia, e a vista dos resultados, sen éxito. Mentres tanto outros sectores poden seguir traballando en condicións que distan moito das recomendacións feitas polas autoridades sanitarias.

Como exemplo, os hostaleiros manifestáronse na parada de autobuses do Camiño Novo, en Santiago, onde puideron comprobar a cantidade de persoas que ocupan as beirarrúas, sen gardar a distancia de seguridade, e se desprazan nuns autobuses comarcais completamente cheos. “O bar pechado, o bus abarrotado’” foi unha das principais proclamas do sector durante o acto.

Les toda a ainformación da comarca ou só da capital? suscríbete a Lindeiros.gal clikando en este enlace e recibe o noso boletíun cada día no teu correo

Poder traballar

Os hostaleiros recordaron que o incremento dos positivos durante as festas de nadal non é responsabilidade do sector. No pasado decembro os bares e restaurantes non acolleron nin festas nin ceas de empresas e sufriron unha diminución dos ingresos dun 80% con respecto ao mesmo mes do ano anterior. Nese período si que houbo unha mobilidade específica noutros ámbitos, como festas privadas, onde non hai ningún tipo de medidas de seguridade nin hixiene.

Hostalaría Compostela lembra que o sector leva meses reclamando un rescate que permita salvar a pequenas e medianas empresas e, polo tanto, os miles de postos de traballo que dependen delas, pero as súas reclamacións non obtiveron unha resposta satisfactoria nin por parte do Goberno galego nin por parte do Goberno central.

Os hostaleiros continuarán nos próximos días coas mobilizacións para tratar de buscar unha fórmula acordada que permita desenvolver a súa actividade e que trace a medio prazo unha estabilidade no conxunto do sector.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial