Os maiores de Brión tamén saben de camisetas

0

Brión, 14 de xullo do 2021 – Os maiores de Brión que participan nas actividades de reencontro, organizadas polo concello, participaron nun obradoiro de decoración de camisetas.

No primeiro taller previsto os participantes recibiron consellos sobre a memoria, como coidala e como exercitala. En esta nova actividade achegáronse a algo, en principio, afastado das súas aficións e máis vinculado á cultura urbana como a decoración de camisetas.

Durante as dúas horas que durou a actividade os maiores, todos por riba dos sesenta anos, deron renda solta á súa creatividade e estamparon sobre as súas camisetas unha serie de deseños elaborados previamente durante as clases. A maioría dos homes optaron por estampar a cabeza dunha vaca a través dun valado con forma de corazón; mentres que elas repartíronse entre uns deseños florais e un retrato dunha muller de costas.  

Estes obradoiros de reencontro son unha iniciativa gratuíta do Concello de Brión para animar a veciñanza de máis idade a retomar as actividades e as relacións que mantiñan antes da Covid-19.

Teñen lugar todos os xoves, en horario de 10:00 a 12:00 horas, no centro social polivalente. As próximas sesións consistirán nun paseo guiado por Pedrouzos (xoves 15), un obradoiro de elaboración de tartas (xoves 22) e unha visita ao Pazo do Faramello (xoves 29).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial