Brión, 14 de setembro do 2018 – Os pais dos alumnos do IES de Brión pasaron a primeira noite dun peche no centro para reclamar máis docentes para o instituto.

Imaxes: Facebook ANPA Pedra Viada
A decisión foi tomada despois de celebrar unha asamblea e , según o presidente da ANPA Pedra Viada Tito Souto, o peche continuará ata que se resolva o problema. Desde a Consellería de Educación da Xunta de Galicia dise que o centro conta co profesorado adecuado. Ao mesmo tempo inspección educativa ten enriba da mesa a dimisión do equipo directivo do centro que deixou os cargos en bloque polos mesmos motivos, esperan contestar si aceptan ou non a dimisión ao longo do día de hoxe.
Os pais contan co apoio do goberno municipal que estvio presente na asamblea na figura do alcalde. Consideran que a calidade sairá resentida con este ratio de alumnos por profesor e reclaman 3 profesores máis xa que o equipo directivo reclama 10 novos mestres e a Consellería ofrece 7.