Os traballadores de Padrón protestas as portas do concello

0

Padrón, 28 de maio do 2021 – Medio cento de traballadores do concello de Padrón concentraronse este xoves ás portas do consistorio para reclamar “a recuperación de dereitos e salarios dignos”.

Representantes dos tres sindicatos presentes no comité de empresa, CCOO, CIG e UXT, desplegaron unha pancarta as portas do consistorio.

Coincidindo co comezo do pleno ordinario de maio, as oito da tarde, os traballadores de Padrón comezaron a gritar consignas como “alcalde escoita o persoal está en loita”

Dentro deuse orde de pechar as fiestras para evitar o ruído que impedía que o escaso público presente puidera escoitar aos concelleiros.

En canto se refire as reclamacións dos traballadores a situación segue estancada. Hai máis de 80 denuncias presentadas ás que engadir as xa gañadas polos traballadores pero que seguen, en moitos casos, sen aplicarse.

Máis información na conversa que Lindeiros mantivo no seu día co responsable da CIG José Camino e que se pode escoitar aquí.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial