Os veciños da Baña contra os eólicos

0

A Baña, 30 de marzo do 2021 – As asociacións veciñais do concello da Baña presentaron máis de 600 alegacións contra o parque eólico de Troitomil.

Representantes das asociacións veciñais de Fiopáns, Cabanas, Lañas e San Mamede do Monte entregaron este luns no concello da Baña as alegacións asinadas pola veciñanza.

Un pobo unido contra o proxecto

Todos os grupos políticos do concello apoian a postura da veciñanza en contra do proxecto da empresa Green Capital Power para os concellos da Baña e Negreira.

O presidente da asociación de San Mamede do Monte, Javier Alijo, explicaba que “Para empezar, non estamos de acordo co lugar de ubicación. Pero, ademais, rexeitamos todas as afeccións que pode ter para os veciños e a contorna, como os desvíos na canalización de auga, os ruídos ou interferencias nos sinais de telefonía e televisión”.

A estas alegacións sumaranse as que os grupos políticos tamén presentarán. O alcalde, José Antonio Pereira, subliñou a “oposición total” dos tres grupos municipais ao proxecto dos muíños de vento. “Tanto os veciños como a Corporación estamos totalmente en contra destes megaproxectos. Porque agora mesmo falamos dun, pero logo haberá unha segunda fase e unha terceira e o Concello da Baña non ten capacidade para albergar este tipo de parques eólicos”.

As asociacións veciñais seguirán recollendo sinaturas ata o vindeiro luns, 5 de abril, xa que o prazo para presentar alegacións remata o mércores 7 de abril.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial