A Nola Brass Band e Carlos Childe no Outono Códax

0

Compostela, 26 de novembro do 2021 – O Outono Códax segue en esta edición ofrecendo sabor Nova Orleans e este venres presenta á Nola Brass Band, teloneados por The Carlos Childe Band.

Os metais son un compoñente clásico das bandas de Nova Orleans. A Nola Brass Band decidiu fusionar esta característica coa música de Jimi Hendrix.

De esta idea nace “The Brass Band Experience”, a actual xira da banda madrileña. O rock psicodélico de Jimi Hendrix alcanza unha nova sonoridade, grazas aos arranxos orixinais de Josué García. Na coidada sonoridade teñen moito que ver os membros da banda, o propio Josué García (trompeta e dirección musical), Santi Vallejo (trompeta), Martín García (saxo tenor), Dani Herrero (saxo barítono), Fran Sánchez (trombón), José Luis Martín (tuba), Agus Alonso (voz e guitarra) e Rubén Cuadrado (batería).

Nola Brass Band naceu en 2013 coa intención de achegar a música de Nova Orleans á nosa cultura, dándolle un toque único de modernidade cara o funk e o jazz. Ese desexo materializouse dende entón con actuacións nas mellores salas e festivais nacionais: Sala Clamores, Berlín Café, Festival de Jazz de Madrid, Festival de Jazz de Azuqueca de Henares ou FestiMad, por nomear algúns.

A confirmación da banda como un dos puntais nacionais do xénero confirmouse coa publicación, en 2015, do seu disco “Back From New Orleans”.

The Carlos Childe Band

Antes un aperitivo de luxo. É sabido que en calquera lugar atoparás un galego e Nova Orleans non é unha excepción. Conta Carlos Childe  que comezou a tocar jazz tradicional de Nova Orleans tras visitar aquela cidade por primeira vez en 2015, convidado polo trompetista Will Smith (compoñente da Preservation Hall Jazz Band) e o percusionista Kerry Hunter (Dirty Dozen Jazz Band, The New Orleans Nightcrawlers) e namorarse do son dese estilo de música. Desde entón leva vivindo a cabalo entre Luisiana e España, tocando co seu proxecto en locais do French Quarter (o coñecido Barrio Francés de Nova Orleans) e colaborando con músicos da cidade.

Aproveitando o parón causado polo covid Childe reuniuse con músicos afincados en Madrid para gravar o seu terceiro álbum titulado «Where Y’at», una expresión de Nova Orleans que se utiliza coloquialmente como saúdo. Este disco é o primeiro dunha triloxía na que o músico interpretará algunhas das súas cancións favoritas do repertorio clásico de jazz tradicional cunha formación de sexteto (batería, contrabaixo, banjo, piano, trombón, clarinete e voz).

Carlos Childe iniciou o seu proxecto en solitario en 2007 tras formar parte de varios grupos de blues desde o ano 2000. O seu primeiro disco, “ Cooking Melodies”, é unha mestura de R&B e jazz, con cancións propias e versións de clásicos. Sete anos despois editou o seu segundo álbum, “More Nights Than Days”.

Childe foi gañador do Noroeste Pop Rock en 2010 e acompañou a John Mayall na súa xira española de 2011. Tamén participou xunto a artistas como Yoko Ono ou Miguel Ríos no disco «The Beatles Homenaxe 50 Aniversario» cunha versión swing de «Lucy in the sky with diamonds». En 2012 participou na banda sonora da película «O Apóstolo», pola que obtivo o premio á mellor banda sonora na Mostra de Lisboa e nos Mestre Mateo.

A apertura de portas será as oito e media e o concerto comezará as nove.

Related Images:

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial