Outórganse os premios do certame Lingua de namorar

0

Compostela, 22 de abril do 2021 – Faise pública a relación de gañadores da décima edición de Lingua de namorar, certame de declaracións de amor en galego na rede dirixido á mocidade.

Lingua de namorar está promovido pola Xunta de Galicia por medio das consellerías de Cultura, Educación e Universidade e de Política Social. O certame viu en esta edición ampliadas as súas categorías habituais de premios cunha nova exclusiva do Instagram (IG) na que se deu unha importante participación, sobre todo na fase das votacións, baixo o cancelo #NamorarEnPandemia.

Na categoría A (de 14 a 19 anos) resultaron gañadores os textos Penso en ti (María Rey Villar, A Coruña), Sol e Lúa (Lucas Paz González, A Coruña) e Marfil do meu corazón (Diego Santos Santos, Ribeira); mentres que na categoría B (de 20 a 35 anos) foron elixidos polo xurado Rea(r)mar (Lara Álvarez Álvarez, Redondela), O fío da vida (Leticia Cid Cid, San Cibrao das Viñas) e KÓX3G∆S (Andrea López Otero, Pantón). Na nova categoría IG acadou a maioría de gústames do público (un total de 765) de entre as seis mensaxes participantes elixidas polo xurado o texto Saudando a vida (José María Trigo González, Cambados).

Nas dúas primeiras categorías o primeiro premio é unha bicicleta eléctrica, o segundo unha tableta de 10,1 polgadas e o terceiro unha cámara deportiva. No caso da terceira categoría, o premio é único, unha bicicleta eléctrica. O acto de entrega dos galardóns está previsto para o mes de maio en Santiago de Compostela

Tanto as mensaxes gañadoras coma as outras 267 participantes, que foron votadas por preto de 2449 internautas (2309 deles, na fase de votación da nova categoría IG), están dispoñibles no web institucional da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado: http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial